O amor
Cando pechou a porta, quedei pensando que quixera dicir.A conversa que tiveramos anteriormente fora algo tensa, xa que non estamos afeitos a ese tipo de situacións.A pesar de todas as veces que falamos e falamos, esta foi a mais intensa.Había algo especial, o lugar, as luces, o olor da habitación...Canto tempo estiveramos alí?duas horas quizais, non sei. O caso e que cando timbrou, sentin algo no estómago, algo que nunca antes sentira. Abrinlle a portya, e cando me dou un bico na meixela a modo de saúdo, decateime.Sentou no sillón branco e esperou a que eu lle falase.Pero non sabiamos que dicir.A súa relación con aquela moza que xa acabara dende facía un tempo, fora olvidada.Empezou a falar aínda que eu so podía mirarlle aos ollos, de un verde intenso.Recoñeceu que dende que me coñecera, a nosa amistade convertirase en algo máis, ainda que entre nos non pasara nada.Díxome:Quérote.E se ti estás disposta, demostrareicho.A súa seguinte frase foi:o amor e a amistade levada ó limite. Polo menos no noso caso.Nese intre, non me decatei do que quixera dicir, porque de seguido, bicoume, pero desta vez, de maneira diferente.Non puiden evitar decirlle canto o quería.E respondeume:podemolo facer realidade.Di vivere la vita, aferra questo estrange, ins tingui, piû que pûoi.E saiu.Pechou a porta e eu quedei pensando.Agora sei o significado.
0 comentarios:
Publicar un comentario