SALMÓN A LARANXA

Ingrediente:

  • 6 toros de salmón
  • 3 cebolas pequenas
  • 1 laranxa
  • 1 vaso de aceite
  • sal
  • patacas cocidas ó vapor

Preparación:

Poñede aceite nunha tarteira e as cebolas cortadas en rodas moi finiñas e deixádeas estufar ata que estean case transparentes. Botádelle logo a ralladura de monda de laranxa, colocádelle por riba os toros de salmón, salgádeos e rosádeos co zume de laranxa. Tapade a tarteira e deixádeo cocer uns dez minutos a pouco lume. Retirádelle unha terceira parte da cebola para adorna-la fonte, e o resto pasádeo pola batedora ou o coador chinés, e arrimádeo de novo ó lume. A esta salsa podémoslle engadir unhas culleradas de nata, se queremos facela máis cremosa.

Colocade nunha fonte o salmón, adubádeo con patacas cocidas ó vapor, leituga, escarola e as rodas de cebola, e cubrídeo ca salsa.

0 comentarios: